Frades e a asociación “Só lles falta falar” promoven sesións pedagóxicas con cans

0

Frades, 26 de febreiro do 2019 – O Concello de Frades, a través da asociación “Só lles falta falar”, vén de poñer en marcha unha nova iniciativa educativa no CPI Ponte Carreira consistente nunhas sesións de innovaciónpedagóxicas con cans.

O concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro Marzoa, asistiu á primeira sesión con cans e resaltou a gran acollida que tivo tanto entre nenos e nenas como entre o profesorado.

Manuel Ferreiro explica que “o que intentamos é promover a interacción positiva dos nenos e nenas cos animais de compañía, polo que o programa desenvolverase durante todo o curso e adaptarase ás necesidades didácticas e pedagóxicas de cada grupo de idade”.

Os encargados de impartir as sesións serán membros da asociación “Só lles falta falar”, que empregarán cans de soporte terapéutico.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial