Frades e a Xunta de Galicia humanizarán o centro de saúde de Abellá

0

Frades, 5 de marzo do 2019 – O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asinaron un convenio de colaboración para a humanización da contorna do centro de saúde de Abellá.

As melloras en Abellá supoñen un investimento de 125.000 euros, que será asumido nun 70% pola Xunta de Galicia e no 30% polo Concello de Frades. O alcalde Roberto Rey agradeceu a colaboración amosada pola conselleira de Medio Ambiente e salientou que “se trata dunhas melloras que sairán a licitación este mesmo mes de marzo, polo que agardamos que poidan estar listas o antes posible para o disfrute da veciñanza”.

As obras contemplan a reformulación dos peches e muros actuais da contorna do centro de saúde de Abellá, ordenando a zona, tanto as partes axardinadas coma as pavimentadas. Ademais, co obxectivo de acadar unha contorna máis agradable tamén se prevé o soterramento das liñas aéreas e por último substituirase as luminarias actuais por unhas novas con tecnoloxía LED.

Ponte Carreira

O alcalde de Frades aproveitou o encontro para presentarlle á conselleira un novo proxecto de humanización da contorna da praza pública de Ponte Carreira, por un importe de 81.114 euros. “Trátase dun proxecto que inclúe a renovación de todas as rúas contiguas á praza de Ponte Carreira e ao centro de saúde, así como a colocación de diverso mobiliario urbano: bancos, xardineiras, papeleiras…”, explica Rey Martínez.

Unha actuación que se complementaría coa subvención solicitada na Vicepresidencia da Xunta, ao abeiro do plan de mellora de parques públicos, para renovar o empedrado da praza de Ponte Carreira. Un proxecto orzamentado en 48.000 euros e que “permitirá substituír o empedrado por un formigón impreso, que evitará resbalóns nos días de choiva, e permitirá tamén a renovación do parque infantil, no que instalaremos máis xogos como son unha tirolina e unha cama elástica”, apunta o alcalde de Frades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial