Frades e Cáritas inician a quinta campaña de Nadal de recollida de alimentos

0

Frades,  11 de decembro do 2018 – O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, pon en marcha hoxe martes a quinta recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio.

A campaña de recollida de alimentos estará aberta ata o vindeiro 12 de xaneiro. O que se busca son produtos básicos: leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas… que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados.

Tras o éxito das anteriores recollidas, o alcalde de Frades, Roberto Rey, agradece por adiantado “a colaboración tanto da veciñanza como dos distintos establecementos e entidades implicadas nesta importante labor que nos permitirá axudar ás familias máis necesitadas do municipio”. Este ano haberá seis puntos de recollida: os supermercados Loli (Abellá) e Claudio e Tandy (Ponte Carreira), a Cooperativa Central de Frades, o CPI Ponte Carreira e a propia Casa do Concello. O prazo de recollida dos alimentos estará aberto ata o 12 de xaneiro.

Durante as catro primeiras edicións recolléronse uns 400 quilos de alimentos por campaña. Agora, o Concello de Frades fai un novo chamamento á colaboración da veciñanza e pon á súa disposición os teléfonos dos Servizos Sociais municipais (981 69 55 67) e de Cáritas (647 120 228) para resolver calquera dúbida.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial