займ срочно

Frades entrega as axudas para transporte e material escolar

0

Frades, 28 de xuño do 2018 –  O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, vén de entregar as axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2017-2018, que están dirixidas ás familias máis necesitadas do municipio.

O Concello de Frades destinará 3.610 euros a estas axudas, que beneficiarán a un total de 47 alumnos e alumnas do municipio, seis máis que o ano pasado. O alcalde, Roberto rey, explica que “con estas bolsas queremos axudar ás familias con maiores dificultades económicas, de forma que teñan unha bolsa para que os seus fillos e fillas poidan cursar os seus estudos”. Neste sentido, insistiu en que o investimento en formación e en apoiar ás familias máis desfavorecidas son dúas das prioridades do Goberno de Frades.

A subvención para transporte escolar, dirixida a alumnos e alumnas de Bacharelato ou de Formación Profesional (Grado Medio), ten unha contía de 150 euros; mentres que as axudas para a compra de material escolar, dirixidas a alumnos e alumnas de Primaria e Secundaria,  ascenden a 70 euros por alumno/a e curso.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies