займ срочно

Alcaldes. Frades, Roberto Rey

0

Seguimos recuperando as entrevistas presenciáis e achegámonos a Frades para falar con Roberto Rey. Hai un ano renovou a maioría absoluta polo que afronta a súa segunda lexislatura completa (en setembro do 2012 accedera ao cargo pola dimisión do anterior rexedor Miguel Prado).

Alcaldes. Frades, Roberto ReyO traballo que se viña realizando en Frades mudou, como no resto dos concellos, a partir de marzo. Rey entende que si por unha banda é certo que os concellos teñen menos recursos para afrontar unha crise como esta, ao mesmo tempo o coñecemento que se ten do territorio e das persoas e moito maior o que se convirte nunha vantaxe fronte as grandes cidades

Antes de que comezara o confinamento Frades tiña bastantes proxectos en marcha. Un dos principais a construción dun centro socio comunitario para o que o alcalde ven de asinar un convenio coa Consellería de Política Social, un documento que garante a continuidade ao marxe dos resultados electorais

Estas semanas todos os concellos están presentando as contas xerais. Frades ten saneado e ten recursos para aportar as partes correspondentes en distintos proxectos subvencionados desde outras administracións, unha boa situación para afrontar un tempo tan complexo como o actual

Alcaldes. Frades, Roberto ReyAínda en esa boa situación económica a crise sanitaria obrigou a modificar os orzamentos e destinar cartos a recursos de protección sanitaria

Entre os novos proxectos destaca a mellora da estación potabilizadora de auga, unha necesidade nun concello que está a piques de completar o abastecemento en todo o seu territorio

Os meses de xullo e agosto é  tempo de festas en Frades pero a crise sanitaria obrigou a suspensión da maioría delas

Alcaldes. Frades, Roberto ReyEn este contexto os concellos son os que poden manter unha actividade cultural coas garantías sanitarias necesarias. Frades participa nútrese de redes como as da Deputación ou o Xacobeo

A piscina é outro dos recursos de ocio que poden ter máis uso. A de Frades está nun entorno privilexiado, cunha ampla zona verde e incluso un merendeiro. As medidas teñen que ser moi estritas e todos teñen que seguilas, algo que supuxo incorporar máis persoal á instalación

Todas estas actividades non están tendo o mesmo público que antes xa que o medo ao contaxio segue presente. Un bo exemplo disto o atopamos nas verbas do alcalde. Roberto Rey explica que os maiores son os que máis medo teñen e por iso mesmo os máis coidadosos. Cando en Galicia déixase de acudir aos enterros e que a situación é moi preocupante

Roberto Rey coida de Frades como si fora a súa casa. Intenta que todo estea ben e mostra o traballo feito con orgullo. Ao mesmo tempo a conversa deixa ver a preocupación pola situación que se está a vivir e a incerteza dos próximos meses. Nun momento no que as vacacións terán que ser de proximidade, Frades é un concello para descubrir e disfrutar.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies