займ срочно

Os gandeiros de Frades, os máis premiados nos premios Exceleite

0

Frades, 13 de novembro do 2017 –  Os gandeiros e gandeiras de Frades foron os máis premiados nos premios Exceleite á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras.

Premio a Gandería Novoa

Exceleite son uns premios promovidos pola Xunta de Galicia en colaboración co Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (Ligal) e que foron entregados nun acto celebrado no pazo de Cores (A Baña).

De entre as 5.000 granxas galegas que podían optar a estes premios, seleccionáronse con criterios técnicos un total de 50 finalistas, das que 5 son de Frades. Ademais, dos 20 recoñecementos entregados, 3 recaeron en gandeiras e gandeiros fradenses, sendo o municipio máis galardoado de toda Galicia, seguido por Friol e Silleda, con dous galardóns.

Premio a Carmen Pérez Botana

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Ferreiro Marzoa, acompañaron aos cinco gandeiros e gandeiras do municipio distinguidos nos Exceleite. Os tres premiados encádranse nas categorías de explotacións intensivas nas súas tres modalidades: grande, mediana e pequena. Así a Ganadería Novoa SC, da parroquia de San Martiño de Frades, alzouse co primeiro premio á explotación grande intensiva. Carmen Pérez Botana, da parroquia de Papucín, levou o segundo premio á explotación mediana intensiva e Concepción García Pereira, da parroquia de Añá, gañou o segundo premio á explotación pequena intensiva.

Tódolos premiados

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, presidiu o acto de entrega dos galardóns. Estes novos premios representan segundo a conselleira un “recoñecemento ao bo facer dos nosos gandeiros, que se erguen todos os días coa firme convicción da procura da excelencia na produción do seu leite”. Por iso, engadiu, “son un exemplo a seguir, para darnos conta de que desde o noso agro podemos xerar produtos non só de calidade, senón tamén dunhas características organolépticas inigualables”. A titular de Medio Rural fixo unha mención especial aos profesionais do Ligal e aos veterinarios e técnicos da consellería, que traballaron na selección das granxas galardoadas. O seu traballo, sinalou, “é fundamental para

Premiados de Frades

deixar de pensar na excelencia como unha característica afastada que os gandeiros pretendían acadar para pasar a ser unha realidade palpable e comprobable”. Por último e de cara ao futuro, a conselleira apostou por “seguir mellorando no marco do diálogo e a cooperación entre produtores e industria, coa axuda da administración autonómica”. Só así, rematou, “conseguimos e conseguiremos facer do lácteo un sector sustentable e atractivo de cara á incorporación de persoas novas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies