Os voceiros dos tres grupos municipais de Frades incorpóranse á Comisión de Seguimento do Coronavirus

0

Frades, 3 de abril do 2020 – O alcalde do Concello de Frades, Roberto Rey Martínez, mantivo unha reunión cos voceiros dos tres grupos políticos municipais para informarlles das medidas que se están tomando dende o inicio da alerta sanitaria polo Coronavirus.

Con esta reunión os voceiros incorpóranse tamén á Comisión Municipal de Seguimento do Coronavirus. No encontro participaron os voceiros do Partido Popular, Manuel Ferreiro Marzoa; do PSOE, Enrique Astray Otero; e do BNG, Manuel Míguez Villaverde.

Roberto Rey explicou que entre as medidas levadas a cabo nestas semanas destacan a posta en marcha dun servizo de atención ás persoas maiores que viven solas e ás familias máis necesitadas do municipio, que é xestionado dende os Servizos Sociais municipais. Así mesmo, o Concello está a achegar medios de protección (mascarillas, luvas, epis, xeles…) tanto ás auxiliares de axuda no fogar como ás persoas que traballan nos negocios que están abertos no municipio: supermercados, tendas de alimentación, tendas de subministro de materiais agrícolas, farmacias, gasolineira, funeraria….

O Concello está a colaborar cos centros de saúde do municipio tanto na achega de material como na desinfección exterior e interior dos inmobles. Uns traballos de limpeza e desinfección que tamén se están a levar a cabo no exterior dos negocios abertos ao público no municipio, así como nos contedores do lixo.

Finalmente, o alcalde anunciou que o Concello devolverá as taxas das actividades formativas, culturais e deportivas do último trimestre do curso, correspondentes aos meses de marzo,abril e maio. Así mesmo, lembrou que na casa consistorial están operativos todos os servizos: Tesourería, Urbanismo e Secretaría na modalidade de teletraballo; e resto con atención telefónica ou con cita previa (Rexistro, Padrón, Traballadora social, Xulgado de paz).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial