Frades remata a humanización da contorna do centro de saúde de Abellá

0

Frades, 3 de xullo do 2020 – O concello de Frades ven de rematar a humanización da contorna do centro de saúde de Abellá. Unha obra que comezara no mes de marzo e tivo que ser suspendida pola crise do Covid 19.

Frades realizou unha inversión de 107.000 euros dos que un 70% foi aportado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e o resto  pagado con fondos propios.

Frades remata a humanización da contorna do centro de saúde de AbelláAs obras consistiron no levantado das tullas que limitaban a parcela a carón do centro de saúde, así como os tocóns das antigas tullas que se mantiñan nos laterais da praza. Así mesmo, desmontouse o muro de formigón da parcela, xa que estaba moi deteriorado e presentaba fisuras nalgunhas zonas. No seu lugar instalouse un novo peche perimetral.

Tamén se procedeu a unificar os distintos pavimentos da praza cun formigón continuo coloreado. Finalmente, as luminarias exteriores estaban en mal estado de conservación e non achegaban moita luminosidade, polo que foron substituídas por unhas novas de tecnoloxía LED, aproveitando así para soterrar as liñas aéreas que existían na praza.

O alcalde, Roberto Rey, mostrouse moi satisfeito polo resultado dos traballos “conseguimos unha praza moito máis agradable para a veciñanza e na que poidamos organizar máis actividades”.

Esta actuación está incluída no Plan Hurbe e é froito do convenio de colaboración asinado en 2019 polo alcalde de Frades e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial