Frades inicia as obras de acceso a Augasantas

0

Frades, 28 de setembro do 2018 – A Consellería de Medio Rural vén de iniciar as obras de construción dunha nova ponte sobre o río Maruzo, na localidade de Augasantas, parroquia de Céltigos en Frades.

A obra que dará un mellor acceso a Augasantas foi adxudicada por 82.262,73 euros a Tragsa. Ten un prazo de execución de tres meses e está  incluída no Plan de Infraestruturas Rurais 2017. Según o alcalde, Roberto Rey, “Trátase dunha ponte con tubo de latón sobre o río Maruzo e de acceso á localidade de Augasantas que quedara moi deteriorado polas riadas do ano pasado e para a que pedimos axudas tanto á Xunta como á Deputación”.

O rexedor presentáralle este proxecto á conselleira Ángeles Vázquez durante unha visita, o 19 de abril de 2017, para supervisar as obras de mellora e acondicionamento doutras tres pontes danadas polas riadas en Frades, nas que Medio Rural investira preto de 120.000 euros.

Obras

O paso actual sobre o río Maruzo está resolto mediante un tubo de aceiro que presenta roturas na zona de contacto coa auga, o que fai preciso a súa substitución para garantir a seguridade dos usuarios que empregan esta estrada. As obras consisten na substitución dese tubo de drenaxe danado por outra estrutura maior que garanta a seguridade viaria e peonil: un marco prefabricado de formigón armado de 5 x 4,5 metros e cun ancho de taboleiro de 8 metros, fronte aos cinco actuais.

Unha vez emprazado este marco, colocaranse os muros de acompañamento de pedra de granito e reafirmarase a estrada con triplo tratamento asfáltico, así como coa colocación dunha varanda metálica. Como a actuación terá lugar nunha zona con especiais valores naturais, xa que afecta parcialmente ao LIC Río Tambre, o proxecto inclúe a rexeneración paisaxística da contorna da ponte e a plantación de especies autóctonas.

As obras teñen un prazo de execución de tres meses, polo que dende o Concello de Frades informan aos veciños de que o acceso a Augasantas dende a parroquia de Vitre estará cortado ata o remate dos traballos. Dende o Concello de Frades lamentan as molestias que este corte poida supoñer para a veciñanza pero “trátase dunha actuación moi necesaria para garantir a seguridade viaria dos nosos veciños e veciñas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial