Frades inicia un curso de preparación para obter o graduado en ESO

0

Frades, 14 de febreiro do 2019 –  O Concello de Frades organiza un curso preparatorio dos exames para a obtención do título de graduado en educación secundaria (ESO) dirixido a persoas adultas maiores de 18 anos.

As clases preparatorias de ESO terán lugar todos os martes, xoves e venres, en horario de 20:30 a 22:00 horas, no multiúsos de Frades ata a celebración dos exames que convoque a Xunta de Galicia.

A primeira sesión contou coa presenza do concelleiro de Ensino de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, quen animou aos dez alumnos e alumnas presentes, dos/as catorce inscritos/as, a traballar para superar con éxito as probas para a obtención do título de graduado en ESO. De feito, como aínda quedan algunhas prazas libres, as persoas interesadas en participar poden anotarse chamando ao Concello de Frades: 981 695 567.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial