Frades licita melloras en camiños de todas as parroquias

0

Frades, 1 de marzo do 2019 –  Frades ven de sacar a licitación pública as obras de mellora de camiños incluídas no Plan Complementario 2018 da Deputación da Coruña, por un valor de 361.112,87 euros.

O alcalde, Roberto Rey, explica que se trata de “obras de mellora de estradas e camiños municipais en todas as parroquias do concello, nos que pretendemos reparalos e anchear varias pistas, para conseguir que cando menos teñan cinco metros de ancho”.

As actuacións licitaranse en catro proxectos. O primeiro deles, denominado “Camiño a Tatrentos (Añá) e outros”, está orzamentado en 97.828,33 euros e inclúe sete actuacións: mellora dos accesos a Currillos (Vitre), á área recreativa da Presa (Ledoira), ás Quintas (Ledoira), á Capela de San Nicolao (Frades) e a Carballeira (Gafoi), así como mellora dos camiños entre Fontelo e DP-3802 (Aiazo) e do camiño a Tarrentos (Añá).

O segundo proxecto, “Camiño a Fontao (Abellá) e outros”, conta cun orzamento de 112.451,69 euros e inclúe outras cinco actuacións noutros tantos camiños: accesos a Fontao (Abellá), camiño de Moar a Pedreira (Moar), camiño de Vista Alegre ao Pazo (Galegos), camiño de Quintán ao cemiterio (Abellá) e camiño do Consello a Zochal (Papucín).

O primeiro dos proxectos do Plan Complementario, “Accesos ao Casal (Vitre) e outros”, está orzamentado en 64.836,02 euros e inclúe cinco actuacións: mellora dos accesos ao Casal (Vitre), accesos á Igrexa de Galegos e ao cemiterio de Añá, así como o bacheo e arranxo dos camiños Castro-Cruz do Canedo e da Taberna á Vila, ambos na parroquia de Abellá.

O segundo proxecto, “Camiño Igrexa a Devesa (Aiazo) e outros”, está orzamentado en 85.996,93 euros e inclúe melloras en catro camiños: camiño da igrexa a Devesa (Aiazo), camiño entre o local social e a N-634 (Céltigos), camiño entre Devesa e o límite con Oroso (Aiazo) e o camiño entre San Martiño e San Mauro (Frades).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial