Frades licita por máis de 100.000 euros melloras na piscina municipal

0

Frades, 13 de febreiro do 2020 –  O Concello de Frades vén de sacar a licitación as obras de reparación da piscina municipal por 101.066,29 euros (IVE incluído) e un prazo máximo de execución de seis meses.

As empresas que estean interesadas na licitación da obra da piscina, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, teñen ata o vindeiro 2 de marzo para presentar as súas ofertas na Alcaldía do Concello de Frades.

Frades licita por máis de 100.000 euros melloras na piscina municipalO alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, explica que estas obras “son moi necesarias porque na actualidade hai importantes fugas de auga e tamén é necesario facer reparacións no vaso da piscina e unila coa zona da rejilla. Estamos perdendo moita auga e non podemos seguir así”.

De acordo cos criterios de adxudicación establecidos nas bases da convocatoria, o Concello de Frades valorará especialmente a redución dos prazos de execución das obras así como o aumento do período de garantía das mesmas, mentres que a oferta puramente económica só representará o 5% do total.

Impermeabilización do vaso

As obras incluirán o arranxo de tres puntos da instalación: o vaso da piscina, o sistema de depuración e a canaleta perimetral. No caso do vaso da piscina, os defectos no seu illamento e as fugas da canaleta que o rodea provocan un consumo extra de auga para manter o nivel da piscina, o que supón un gasto adicional para a instalación e un desperdicio de auga potable. Os traballos incluirán o picado do azulexo actual, que será substituído por unha plaqueta porcelánica de cor branca, previa impermeabilización e reparación de fisuras no vaso da piscina e no depósito de compensación.

Frades licita por máis de 100.000 euros melloras na piscina municipalAsí mesmo, demolerase a canaleta perimetral actual e será substituída por outra cun circuíto en PVC para a condución da auga ao depósito de compensación. Finalmente, substituiranse os circuítos hidráulicos, as bombas dosificadores e as distintas válvulas do sistema de depuración. Isto permitirá automatizar o sistema, xa que actualmente os defectos que presenta obriga á presenza constante dun operario na instalación para controlar e revisar manualmente o sistema.

As obras están incluídas no Plan Complementario da Deputación da Coruña, aprobado en setembro de 2019 polo Pleno do Concello de Frades cos votos a favor do grupo de Goberno e as abstencións do PSOE e do BNG.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial