займ срочно

Frades e Medio Rural reúnense na procura de melloras para o concello

0

Frades, 10 de decembro do 2017 – O alcalde de Frades, Roberto Rey, reuniuse coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para abordar as necesidades de renovación de infraestruturas rurais no municipio.

Un encontro celebrado na Consellería de Medio Rural en San Caetano no que ambos analizaron as fórmulas de colaboración para levar a cabo estas accións.

O rexedor amosouse interesado na posibilidade de colaboración para conseguir nova maquinaria que posibilite a mellora das rozas e das limpezas das parcelas dentro do concello e, deste xeito, continuar traballando pola prevención dos lumes forestais. A titular de Medio Rural estudará tamén as posibilidades de colaboración neste sentido, dentro das ordes de axuda das que dispón a Consellería.

Roberto Rey explicou que “Frades ten unha rede viaria municipal de máis de seiscentos quilómetros de pistas e estradas, polo que estamos continuamente facendo actuacións de mantemento. Hai un mes rematamos de rozar todas as pistas de monte e antes de que finalice decembro teremos dado a terceira pasada ás pistas asfaltadas”. Unha intensa actividade que o Concello de Frades afronta tanto con recursos propios como con programas de colaboración doutras administracións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies