Frades mellora camiños en Gasalla e Xeza

0

Frades, 17 de setembro do 2020 –  O Concello de Frades vén de rematar os traballos de mellora de dous camiños rurais en Gasalla (Abellá) e Xeza (Galegos-Mesos), que suman máis de 2,5 quilómetros de lonxitude.

O investimento en estes camiños foi de 51.431,05 euros. Unha actuación incluída no Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, promovido pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que achegou unha axuda de 42.505 euros, sendo o concello de Frades o encargado do resto do importe.

Frades mellora camiños en Gasalla e XezaAs actuacións realizáronse nas pistas de Gasalla, de 875 metros de lonxitude e un ancho de 3,5 metros, e no camiño a Xeza, de 1.655 metros de longo por 4 metros de ancho. En ambos os casos a empresa procedeu á limpeza as gabias de ambas marxes da pista e á reparación das fochancas e perfilado de mordentes no 20% da superficie con pedra e tratamento asfáltico semiprofundo. Así mesmo, mellorouse a capa de rodaxe a través dun tratamento asfáltico superficial e rego de selado a toda a plataforma.

Frades mellora camiños en Gasalla e XezaPara unificar o tipo de pavimento interveuse nos abanicos transversais das dúas pistas con doce centímetros de pedra e triplo rego asfáltico. Finalmente, no caso do camiño a Xeza colocouse unha nova sinal de Stop, mentres que no camiño de Gasalla instaláronse 14 metros de cano de formigón, de 40 centímetros de diámetro, para a drenaxe de pluviais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial