Frades inicia as obras de mellora na planta superior do multiusos

0

Frades, 27 de Nadal do 2017 – O Concello de Frades vén de iniciar as obras de acondicionamento da planta superior do edificio multiusos, orzamentadas en 59.754,52 euros e cun prazo máximo de execución de seis meses.

Os traballos no multiusos permitirán poñer a disposición da veciñanza un espazo que na actualidade non ten ningún tipo de uso, xa que se trata dunha planta sen rematar e atópase con acabados de obra, é dicir, en formigón e ladrillo.

Os traballos consistirán na instalación dun falso teito de escaiola lisa continua nos 215 metros cadrados da sala, onde se colocará un solado de baldosa de gres esmaltado. Ademais, colocarase a instalación eléctrica precisa, así como oito radiadores eléctricos. Tras o enfoscado e enlucido de xeso das paredes, procederase ao seu pintado en pintura plástica branca.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, explica que “o obxectivo destas obras é poñer a disposición da veciñanza un novo espazo no edificio multiusos, que ás veces comeza a quedar pequeno cando coinciden cursos de formación e actividades”. O alcalde indica que “acondicionando a segunda planta estamos rematando as obras deste edificio e gañaremos espazo para unha nova aula para impartir cursos de formación e mesmo para unha biblioteca”.

De feito, a idea inicial do Concello de Frades é trasladar á segunda planta do multiusos a sala etnográfica con apeiros do campo, actualmente emprazada na planta baixa. “É unha simple cuestión de operatividade, xa que así evitamos que os nenos e nenas teñan que subir polas escaleiras e tamén por que a planta baixa conta tamén con baños”, explica Roberto Rey.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial