займ срочно

Frades mellora o equipamento no local social de Añá

0

Frades, 9 de outubro do 2020 –  O Concello de Frades vén de instalar xogos infantís e un circuíto biosaudable para a terceira idade no local social de Añá.

O edificio de Añá foi construído o ano pasado grazas a un investimento de preto de 82.000 euros cofinanciados polo Plan Leader e o concello de Frades. Uns espazos de lecer que foron habilitados polo alumnado do obradoiro de emprego “Brañas do Illó-Río Samo III”, promovido polos concellos de Frades, Mesía e Ordes para formar a 20 persoas nas modalidades de repoboacións forestais, tratamentos silvícolas e actividades auxiliares de conservación e mellora do monte.

Frades mellora o equipamento no local social de AñáO alumnado acondicionou o espazo para a colocación dun areeiro con tres xogos infantís: un muelle, un tobogán e un randeeira, cun asento especialmente deseñado para a súa utilización por nenos e nenas de curta idade. Así mesmo, instalaron catro aparatos biosaudables para que os maiores da parroquia poidan facer exercicio ao aire libre e aumentar o seu benestar e calidade de vida.

Entre os aparatos colocados figuran un temón (para a coordinación dos brazos, pois facilita a rehabilitación e flexibilidade dos ombreiros), uns patíns (para fortalecer as funcións cardíaca e pulmonar a través da mellora da coordinación e estabilidade das pernas), unha prensa horizontal (que permite a mellora da axilidade e estabilidade das articulacións das pernas) e un pony (para fortalecer brazos, pernas, abdome e peito, así como mellorar a coordinación entre os membros superiores e inferiores). A maiores, o alumnado mellorou o peche perimetral da finca do local social de Añá e rozaron a parcela.

Frades mellora o equipamento no local social de AñáAdemais desta actuación no local social de Añá, o alumnado do obradoiro de emprego “Brañas do Illó-Río Samo III” colaboraron nos traballos de mellora e posta en valor das áreas recreativas do municipio (Ponte Carballa en Abellá, A Presa en Ledoira, O Muiño de Céltigos e Os Pasos de Aiazo), así como as contornas dos distintos locais sociais das parroquias e lugares como a piscina municipal (Papucín), as prazas de Moar, os campos de fútbol de Vitre e Ponte Carreira, o punto limpo Frades-Mesía (Céltigos) e a contorna de San Nicolau (Frades), entre outras actuacións.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies