Frades arranxa o camiño Fondevila-Cheda e mellora os accesos a O Canedo e Fondevila

0

Frades, 30 de setembro do 2020 –  Frades vén de investir 82.038,81 euros no arranxo do camiño que une a AC-524 coas localidades de Fondevila e Cheda, e na mellora dos accesos a Fondevila e O Canedo.

As tres obras de Frades están situadas na parroquia de Abellá. Os traballos consistiron na ampliación dun camiño de 2.530 metros entre a AC-524 Ordes-Lanzá e as localidades de Fondevila e Cheda, cuxa plataforma foi ancheada nun metro. Así mesmo, para mellorar a seguridade viaria pavimentáronse outros 150 m2 adicionais de sobreanchos na mesma estrada. Ademais da reparación de fochancas, executáronse 25 metros de cuneta de seguridade nunha zona que carecía dela.

Frades arranxa o camiño Fondevila-Cheda e mellora os accesos a O Canedo e FondevilaMellora de accesos

O Concello de Frades mellorou os accesos ás localidades de Fondevila e O Canedo. A actuación en Fondevila incluíu a pavimentación de tres treitos de 210 metros de lonxitude, así como a apertura de gabias e limpeza de salvagabias para unha correcta drenaxe das augas pluviais. No caso do Canedo, a pavimentación tivo lugar en dous treitos que sumaban 480 metros de lonxitude, onde tamén se abriron gabias e se limparon as salvagabias.

As obras foron executadas nestes últimos tres meses pola empresa Cosmalca SL e foron financiadas con cargo ao Plan Único de Concellos “POS+ Adicional 1/2019” da Deputación Provincial da Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial