займ срочно

Frades compra sete ordenadores portátiles con conexión a internet para o alumnado

0

Frades, 22 de abril do 2020 – O concello de Frades mercou sete portátiles con conexión a internet que se suman aos tres entregados en datas recentes pola Xunta de Galicia.

Os portátiles foron xa entregados ao alumnado do CPI de Ponte Carreira e facilitar así a educación do alumnado que non contaba con recursos para acceder a distancia ás clases.

Frades compra sete ordenadores portátiles con conexión a internet para o alumnadoA achega foi realizada polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, quen explica que “con esta medida, o Concello de Frades pretende que ningún neno ou nena quede atrás mentres dure esta crise do Coronavirus”.

Con este material todos os nenos e nenas do municipio contan xa con medios telemáticos para continuar coa súa formación dende a casa. Uns equipos que xa foron recollidos polas familias no CPI de Ponte Carreira, que os citou en diferentes quendas con 20 minutos de separación.

A maiores, o Concello de Frades tamén procedeu ao reparto a domicilio dos libros que o alumnado tiña no colexio e ten en marcha un servizo de impresión de deberes, que se entregan semanalmente nas vivendas do alumnado que o precisa. Ferreiro Marzoa apunta que “seguimos a disposición do colexio e das familias do alumnado do CPI de Frades para intentar solucionar todas as dificultades que poidan xurdir durante este tempo de confinamento nas casas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies