займ срочно

Frades e Mesía invisten en maquinaria para conservar as zonas verdes

0

Frades, 31 de outubro do 2019 – Os Concellos de Frades e Mesía veñen de recibir a maquinaria para a realización de traballos de recuperación e conservación medioambiental nos dous termos municipais.

A maquinaria profesional recibida consiste en dúas rozadoras e dous cortacéspedes e tiveron un custo de 51.274,96 euros á empresa Maquinaria Agrícola Carpintero SL, por ser a mellor oferta recibida no proceso de licitación promovido polo Concello de Frades e ao que se presentaron catro empresas.

maquinaria frades mesiaA adquisición destas catro máquinas profesionais faise con cargo á subvención concedida polo Fondo de Compensación Ambiental, promovido pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Galicia. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, agradeceu o compromiso da Xunta cos concellos de Frades e Mesía pois “esta maquinaria é moi necesaria para poder facer traballos de recuperación e conservación medioambiental tales como a mellora das nosas prazas públicas, dos nosos paseos, das nosas áreas recreativas ou das nosas rutas de sendeirismo”.

Tanto os cortacéspedes como as rozadoras son vehículos autopropulsados, con motores de 4 tempos e unha potencia de entre 20 e 24 cv. Todas elas contan cun sistema de corte adaptado a un mínimo de 6 alturas diferentes, para poder así acometer distintos tipos de traballo, e unhas dimensións reducidas, para o seu doado traslado e manexo. Os cortacéspedes teñen unha capacidade de recollida de ata 550 litros, mentres que as rozadoras ofrecen un rendemento de, cando menos, 9.500 m2/hora.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies