Frades e Mesía buscan voluntarios para dinamizar o patrimonio

0

Frades, 28 de xuño do 2019 – Frades e Mesía poñen en marcha unha iniciativa de voluntariado para dinamizar o seu patrimonio por medio das tecnoloxías da información.

O proxecto combina formación en aula e coñecemento do medio natural, con itinerarios de campo e facendo un uso intensivo das tecnoloxías da comunicación. A iniciativa ten dispoñibles 20 prazas de voluntarios. Os rapaces deberán anotarse nos Concellos de Frades (981 695 567) e Mesía (981 687 001) antes do 15 de xullo. A admisión realizarase por rigorosa orde de anotación.

O programa está subvencionado pola Consellería de Política Social e inclúe un total de 50 horas formativas, que comezarán a impartirse o vindeiro 22 de xullo nun horario por determinar co alumnado (a razón de 5 horas diarias). As clases serán impartidas por persoal da Universidade de Santiago de Compostela, con 25 horas de traballo en aula e outras 25 horas de traballo de campo e visita aos recursos patrimoniais máis emblemáticos dos concellos.

Os 20 rapaces que participen na iniciativa serán instruídos no uso de novas tecnoloxías para identificar e divulgar ese patrimonio: GPS profesional, códigos QR, uso de terminais móbiles (teléfono, Ipads, Tabletas), xeolocalización de recursos, uso de cámaras fotográficas e de vídeo… Tras esta formación inicial, a rapazada visitará, documentará e xeoreferenciará os recursos patrimoniais para, finalmente, realizar unha pequena campaña de dinamización dese patrimonio en WhatsApp, Instagram e Pinterest.

O programa, titulado “Dinamiza Patrimonio -TIC: patrimonio cultural, natural, sendeirismo e novas tecnoloxías”, pretende tamén achegar a estes 20 mozos a riqueza patrimonial dos seus respectivos municipios. Estudos recentes constatan que o 85% da poboación de municipios menores de 15.000 habitantes ten serias dificultades para enumerar as principais manifestacións do patrimonio do seu municipio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial