займ срочно

Frades comeza as obras de mellora da contorna do Centro de Saúde de Abellá

0

Frades, 6 de marzo do 2020 – As obras de humanización da contorna do centro de saúde de Abellá, adxudicadas por 84.435,87 euros, veñen de iniciarse esta semana cun prazo de execución de dous meses.

Frades comeza as obras de mellora da contorna do Centro de Saúde de AbelláOs traballos en Abellá son froito dun convenio asinado o ano pasado polo alcalde, Roberto Rey Martínez, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, ao abeiro do Plan Hurbe, polo que a Xunta de Galicia asumirá o 70% do investimento e o Concello de Frades o 30% restante.

Roberto Rey explica que as obras buscan “acadar unha contorna máis agradable para os veciños e veciñas, polo que se reformulan os peches e muros actuais da contorna do centro de saúde de Abellá, se soterrarán as liñas aéreas e se substituirán as luminarias actuais por outras con tecnoloxía LED”.

Frades comeza as obras de mellora da contorna do Centro de Saúde de AbelláOs traballos comezaron levantando todas as tullas que limitan a parcela ao carón do centro de saúde, así coma os tocóns das antigas tullas que se atopaban nos laterais da praza. Despois procederase a substituír o muro de formigón que serve de peche á parcela, dado que o seu espesor é moi reducido e presenta deterioro e fisuras nalgunhas zonas, posiblemente debido a unha falta de cimentación.

As obras permitirán unificar a pavimentación interior da praza, actualmente con varias zonas diferenciadas. No seu lugar, apostarase por un pavimento continuo de formigón coloreado. Así mesmo, o peche será substituído por un novo. Finalmente, substituirase o alumeado público, actualmente en mal estado de conservación e que non aporta calidade lumínica, por outras novas de tecnoloxía LED, aproveitando tamén para soterrar as liñas aéreas que cruzan a praza.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies