займ срочно

Frades ofrece axudas para mellorar a accesibilidade nos fogares

0

Frades, 10 de marzo do 2021 – Frades ven de publicar no Boletín Oficial da Provincia unha liña de axudas destinada a eliminación de barreiras arquitectónicas no fogar.

Estas axudas están dirixidas a persoas en situación de dependencia e/ou discapacidade e súmase as que anualmente se destinan a transporte e material escolar. As dúas partidas supoñen un investimento de 45.000 euros.

Accesibilidade

As axudas para a promoción da autonomía persoal oscilarán entre os 1.200 e os 4.000 euros. Dirixidas a persoas en situación de dependencia e/ou discapacidade que estean empadroadas en Frades, poderán solicitarse ata o 8 de abril de 2021. O alcalde, Roberto Rey, explica que “o obxectivo destas axudas é mellorar o benestar físico, persoal e social destas persoas para que acaden unha maior autonomía persoal, toda vez que coa pandemia sanitaria moitas persoas que se achegaban ao fogar de persoas maiores e dependentes para prestarlles apoios, coidados e compañía, tiveron que deixar de facelo para evitar contaxios”.

Rey sinala ademais que “a pesar da ampliación do servizo de axuda no fogar, o aumento do número de horas que estas persoas pasan soas fai que sexan máis conscientes da necesidade de adaptar os seus fogares ás súas necesidade. Para facilitarlles o seu día a día, decidimos convocar estas axudas para que poidan mellorar a súa autonomía persoal e a accesibilidade dos seus domicilios”.

Tipos de axuda

O Concello de Frades destinará 40.000 a subvencionar dúas liñas de gasto: axudas técnicas e produtos de apoio: para a mobilidade (grúas, andadores, cadeiras de rodas..), para hixiene persoal (barras de suxeición, ducha para a cama…), para o descanso (camas articuladas, incorporador, varandas para a cama…) e para a comunicación (audífonos, avisadores sonoros, visuais ou táctiles, intercomunicadores…) eliminación de barreiras arquitectónicas e adaptación funcional do fogar, sobre todo no cuarto de baño (cambio de bañeira a ducha, asentos abatibles, adecuación dos sanitarios, chan antiescorregadizo…), adecuación das portas para permitir o paso de cadeiras, instalación de barras, pasamáns, ramplas… adaptación de pavimentos…

As axudas non poderán superar os 1.600 euros no caso das axudas técnicas (1.200 euros no caso dos audífonos) e 4.000 euros no caso de eliminación de barreiras arquitectónicas e adaptación do fogar (cun límite de 3.000 euros nas axudas para adaptar o baño e de 2.000 euros para a adaptación de vehículos).

O Concello de Frades primará a situación económica familiar á hora de acceder a estas subvencións, concedendo 50 puntos ás rendas inferiores ao 80% do IPREM. Tamén priorizará a situación funcional da persoa solicitante: 30 puntos para grao III de dependencia e 20 puntos para grao II ou grao de discapacidade igual ou superior ao 65% sen valoración de dependencia. Tamén se terán en conta a situación familiar cun máximo de 20 puntos por familia numerosa ou monoparental e 10 puntos para persoas con responsabilidade familiares.

O Concello de Frades destina a esta liña de subvencións un total de 40.000 euros, procedentes do POS+ Adicional promovido pola Deputación da Coruña.

Axudas ao ensino

Por outra banda, o Concello de Frades convoca as tradicionais axudas para transporte escolar e para a compra de material escolar para o curso académico 2020-2021, dirixidas ás familias máis necesitadas do municipio. Unhas axudas para as que o Concello destina 5.000 euros e cuxas bases foron publicadas hoxe no BOP, polo que mañá mércores ábrese un período de 15 días hábiles para presentar as correspondentes solicitudes.

A subvención para transporte escolar está dirixida a alumnos e alumnas de Bacharelato ou de Formación Profesional (Grado Medio) e terá unha contía de 200 euros. Pola súa banda, as axudas para a compra de material escolar están dirixidas a alumnos e alumnas de infantil e ascenderán a 70 euros por alumno/a e curso. En ambos casos, para poder optar a estas axudas é preciso que a persoa estea empadroada no Concello de Frades, que estea cursando os estudos para os que solicita a axuda, que a súa familia estea ao día no pago das obrigas tributarias co Concello e non teña pendente de xustificación ningunha subvención anterior.

Para máis información sobre estas dúas convocatorias, as persoas solicitantes poden dirixirse aos Servizos Sociais Municipais ou chamar ao teléfono 981 695 567.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies