займ срочно

Frades, Ordes e Mesía solicitarán un novo obradoiro de emprego

0

Frades, 19 de febreiro do 2020 – O pleno municipal de Frades ven de aprobar por unanimidade solicitar, xunto a Ordes e Mesía, un obradoiro de emprego de case 400.000 euros

O obradoiro de emprego “Brañas do Illó-Río Samo III” formaría a 20 persoas en repoboacións forestais, tratamentos silvícolas e actividades auxiliares de conservación e mellora do monte. A duración será de nove meses máis outros tres de prácticas.

O proxecto conta cun orzamento inicial de 399.872,81 euros, dos que 52.926,81 euros serán achegados polos tres concellos participantes: 28.582,83 euros Ordes, 13.676,83 euros Frades e 10.666,15 euros Mesía. O Concello de Ordes será a entidade encargada da xestión do proxecto, que formará a un total de 20 persoas desempregadas (10 de Ordes, 5 de Frades e outras 5 de Mesía) durante un período de 9 meses, máis 3 meses nos que poden facer prácticas nas empresas que colaboren co obradoiro e ás que a Xunta de Galicia subvencionará 500 euros por cada alumno/a durante 3 meses.

O alcalde de Frades, Roberto Rey, adiantou os traballos que acometería o alumnado deste obradoiro incluirían traballos de mellora e posta en valor das áreas recreativas do municipio (Ponte Carballa en Abellá, A Presa en Ledoira, O Muiño de Céltigos e Os Pasos de Aiazo), así como as contornas dos distintos locais sociais das parroquias e lugares como a piscina municipal (Papucín), as prazas de Moar, os campos de fútbol de Vitre e Ponte Carreira, o punto limpo Frades-Mesía (Céltigos), a contorna de San Nicolau (Frades), así como fincas de acceso á instalacións municipais como as depuradoras, entre outras actuacións.

Resto da sesión

Ademais das actas da sesión anterior, o pleno aprobou tamén unha corrección dun erro no documento de aprobación da liquidación do exercicio de 2018 no que se alertaba dunha inexistente inestabilidade financeira cando a realidade é que arroxa un saldo positivo a favor do Concello. Así, tras considerar, entre outros, as devolucións das Participacións nos Tributos do Estado, a capacidade de financiamento é de 5.970,33 euros, cumpríndose así a estabilidade orzamentaria polo que non é precisa a elaboración dun plan económico financeiro.

A corporación acordou tamén adiantar ao sábado 7 de marzo, ás 12:30 horas, a data prevista para o pleno ordinario de marzo, inicialmente previsto para o venres 13 de marzo. A razón desta adianto é para evitar ter que convocar dúas sesións plenarias, xa que a corporación está obrigada a celebrar un pleno para a eleccións das mesas electorais entre o 7 e o 11 de marzo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies