займ срочно

As casas niño de Frades abren a súa inscrición

0

Frades, 2 de xuño do 2020 – O concello de Frades abre hoxe martes a inscrición, para o curso 2020 – 2021, nas dúas casas niño coas que conta.

As casas niño de Frades ofrecen un servizo gratuíto de atención diúrna para nenos e nenas de entre 3 meses e 3 anos. Un servizo promovido pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social.

Nas dúas casas o prazo de preinscricións estará aberto do 2 ao 16 de xuño e haberá que solicitar cita previa no 660 836 022 para a Casa Niño Axóuxere, no lugar de O Pazo (Galegos); e no 627 147 100 na Casa Niño Xoaniña, na parroquia de Abellá. Como requisito xeral, os nenos e nenas deberán estar empadroados/as no Concello de Frades e ter unha idade comprendida entre os 3 meses e os 3 anos, ambos incluídos.

O servizo estará dispoñible para atención diúrna, de luns a venres, durante todo o ano. No caso de que haxa unha demanda superior á oferta, a admisión realizarase segundo criterios de renda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies