займ срочно

Frades pon en marcha un programa de acompañamento para persoas maiores

0

Frades, 10 de outubro do 2019 – O Concello de Frades vén de poñer en marcha un novo servizo gratuíto de acompañamento para persoas maiores que vivan soas.

Según explica o alcalde, Roberto Rey, “A idea é facilitar ás persoas maiores que vivan soas un servizo de acompañamento a domicilio cando o soliciten para asesoralos en calquera trámite administrativo, información sobre axudas ou bonificacións ás que teñen dereito, alertas diante de posibles estafas ou timos aos que poidan estar expostos… e, en xeral, para calquera consulta que eles requiran”.

A iniciativa está dirixida a persoas maiores de 65 anos, con ou sen dependencia, e que vivan soas no municipio de Frades. O servizo é gratuíto e as persoas interesadas deberán poñerse en contacto cos Servizos Sociais do Concello de Frades durante os tres próximos meses. “A nosa intención é comezar a prestar este servizo a principios de 2020, cumprindo así o noso compromiso coa cidadanía”, adianta o rexedor.

Con esta iniciativa, o Concello de Frades incrementa a súa oferta de servizos sociais gratuítos para persoas con grao de dependencia ou usuarias dos Servizos Sociais municipais, entre os que figuran podoloxía, perruquería e fisioterapia a domicilio.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies