займ срочно

Frades prohibe o enchido de piscinas con auga da traída

0

Frades, 28 de xullo do 2020 – O Concello de Frades vén de prohibir a utilización da auga procedente da traída municipal para o enchido de piscina ou a rega de cultivos e xardíns.

Frades prohibe o enchido de piscinas con auga da traídaA prohibición non se aplicará no caso de mananciais ou pozos propios.  A decisión ampárase no artigo 14 J do Regulamento municipal de abastecemento de auga e saneamento de Frades e busca garantir o subministro para uso domiciliario e das explotacións gandeiras.

O Concello decidiu adoptar esta medida debido aos problemas puntuais co subministro de auga en determinadas zonas do municipio; foi unha consecuencia dun mes de xullo especialmente seco e que se complicou cunha avaría, xa solucionada, nunha das bombas de captación do río Tambre.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies