Mostras de apoio cos traballadores de ERIMSA en Frades

0

Frades, 24 de setembro do 2018 – O Psoe de Frades ven de mostrar o seu apoio aos traballadores da empresa ERIMSA en Frades, ameazados por un ERE ante a falta de permisos de traballo.

O Psoe explica que tras o informe desfavorable, da Xunta de Galicia, ao proxecto de extracción de seixo, por parte da empresa Erimsa e o posterior anuncio do expediente de regulación de emprego que afecta a uns 60 traballadores e traballadoras, na súa maioría fradenses, queren dar todo o seu apoio aos empregados e pólense ao seu dispor para defender os seus intereses.

Enrique Astray Otero, Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Frades, ve na resolución da Xunta de Galicia e na decisión da empresa, un duro golpe para o emprego no municipio, polo que anuncia que fará todo o posible para que non se destrúa un só posto de traballo “Os Socialistas faremos todo tipo de mobilizacións, ben sexa na rúa, con manifestacións ou perante o Parlamento de Galicia; pero non podemos permitir que en Frades diminúan os postos de traballo”.

O PSOE de Frades pide a ERIMSA que cumpra co Plan de Mineria de Galicia, que reafirme o seu compromiso de non expropiar forzosamente as parcelas, mantendo así unha correcta convivencia coa agricultura e gandaría, principal motor económico de Frades; que reduza ao máximo os impactos medioambientais; e que asegure o emprego.

Por outra banda instan ao Alcalde, Roberto Rey Martínez, quen se reuniu cos traballadores de ERIMSA, a defender con determinación os intereses dos mesmos sen importarlle posibles intereses partidistas, e dicir, que a súa postura sexa a mesma diante dos traballadores que diante da Xunta de Galicia, primando os intereses dos veciños.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial