Frades reabre a biblioteca municipal

0

Frades, 12 de xuño do 2020 – A biblioteca municipal de Frades volve abrir as súas portas ao público, recuperando así o seu horario habitual de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas.

A maiores, a biblioteca estará aberta os sábados, de 10:00 a 13:00 horas, e nas tardes dos martes e xoves, de 17:00 a 20:00 horas.

As persoas usuarias destas instalacións deberán cumprir coas medidas de protección recomendadas polas autoridades sanitarias: desinfectar as mans con xel hidroalcohólico, usar obrigatoriamente máscara de protección e gardar as distancias de seguridade de 1,5 metros con outras persoas. Durante a Fase 3 estarán dispoñibles os servizos de préstamo e devolución, información bibliográfica e consulta en sala, co límite do 50% do aforo polo que se recomenda acudir sen acompañantes, excepto ás persoas menores de 14 anos que deberán estar sempre acompañadas por unha persoa adulta. Estará pechado ao público o acceso a coleccións.

Frades reabre a biblioteca municipalAsí mesmo, a biblioteca municipal de Frades vén de estrear esta mesma semana unha páxina en Facebook (www.facebook.com/Biblioteca-de-Frades), que na actualidade conta con medio cento de seguidores. A través dela manterase informados aos veciños e veciñas de Frades tanto das novidades editoriais como das actividades culturais que se organicen na biblioteca ao longo do ano.

A biblioteca municipal de Frades conta cun centenar de socios e socias e uns fondos de máis de 5.000 libros, dos que case un milleiro son de literatura infantil. Todas as persoas que saquen o seu carné de socio recibirán un libro de agasallo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial