Frades realiza melloras no CPI Ponte Carreira

0

Frades, 14 de setembro do 2018 –  O concello de Frades vén de investir 30.000 euros de fondos propios na realización de diversas obras de mellora nas instalacións do CPI de Ponte Carreira.

As obras de Ponte Carreira contaron coa axuda Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O alcalde, Roberto Rey, explica que “ademais dos habituais traballos de mantemento e reparación das instalacións que se fan todos os veráns, nesta ocasión acometemos dúas obras de maior calado e demandadas pola comunidade educativa, como son a habilitación dun patio interior e a renovación do falso teito e o alumeado do comedor escolar”. Os traballos foron executados ao longo do verán, de xeito que as instalacións estiveran en perfecto estado para o inicio do curso escolar.

Obras realizadas

A obra máis complexa foi a habilitación como patio interior no CPI Ponte Carreira dunha área que non podía ser empregada polo alumnado, pois se enchoupaba cada vez que chovía e o pavimento estaba con fochandas e cheo de verdín e maleza. O Concello de Frades procedeu ao saneamento de toda a zona, levantando o antigo pavimento, instalando unha correcta rede de recollida de augas pluviais e colocando un novo firme, que permitirá o uso desta área como un patio máis para o ocio dos nenos e nenas do centro escolar fradense.

O Concello de Frades retirou ademais o antigo falso teito do comedor escolar, aproveitando a colocación do novo teito para renovar tamén as luminarias da instalación. Os traballos completáronse co pintado do comedor. A maiores, procedeuse á limpeza e pintado dos campos de xogo e dalgunhas das aulas do centro, así como actuacións de mantemento e mellora nos baños e no horto ecolóxico, montado o ano pasado polo alumnado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial