Frades reinaugura o campo de fútbol da Chousa

0

Frades, 16 de xuño do 2018 –  O campo municipal de fútbol da Chousa (Ponte Carreira) volverá a abrir as súas portas este domingo 17 de xuño despois das obras de remodelación e mellora acometidas polo Concello de Frades.

Na Chouse investíronse case 40.000 euros que serviron para dotar a estas instalacións de novo céspede, sistema de rego, mellores vestiarios e novos accesos. A reapertura terá lugar este domingo, coincidindo coa Churrascada de Fin de Tempada da SD Ponte Carreira, e incluirá un partido entre a SD Ponte Carreira e un equipo de veteranos, ás 11:00 horas.

A pesar de ser un campo de fútbol de gran afluencia, o campo da Chousa presentaba unha serie de deficiencias tanto nas instalacións de rego automático como no propio campo de xogo. Grazas a unha subvención de 30.000 euros da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, o Concello de Frades reparou o sistema de rego automático coa instalación de 600 metros de tubaria de polietileno e 9 electroválvulas con regulador de caudal, 35 aspersores e un programador electrónico de rego. Unha vez instalado, procedeuse ao acondicionamento e rexeneración do terreo de xogo, de 105 x 60 metros, coa plantación dun novo céspede.

“A maiores, dende o Concello de Frades achegamos algo máis de 9.000 euros de fondos propios para realizar unha mellora na instalación eléctrica dos vestiarios e para acondicionar os accesos á instalación”, explica Roberto Rey Martínez, alcalde de Frades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies