Frades remata a roza de 600 km. de pistas

0

Frades, 24 de setembro do 2020 – O concello de Frades rematou a primeira fase de roza de pistas e estradas que abarcou máis de 600 kilómetros da rede viaria municipal.

O concelleiro de Medio Rural e Limpeza Viaria de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, explica que “unha vez completada a roza das pistas de monte, imos darlle unha segunda pasada ás estradas asfaltadas e das parroquias, que se fixeron nos meses de maio e xuño, para ter nas mellores condicións os eixos de comunicación”.

Frades remata a roza de 600 km. de pistas

Brigada contra lumes forestais

Parcelas e áreas recreativas

A maiores, ata o vindeiro 21 de outubro está a traballar unha brigada municipal de 5 persoas contratada ao abeiro do convenio de prevención e loita contra lumes forestais, asinado coa Consellería do Medio Rural. A brigada ademais de estaren ao servizo do Distrito de Ordes diante de calquera lume forestal que poida acontecer, levan xa rozadas máis de 7 hectáreas de parcelas municipais e que contan co visto bo do Distrito. “O obxectivo é que ao rematar os tres meses do convenio poidamos ter rozado 10,5 hectáreas de terreo”, explica Ferreiro Marzoa.

Frades remata a roza de 600 km. de pistasFinalmente, durante os últimos meses operarios municipais acometeron traballos de conservación e mellora das distintas áreas recreativas existentes no concello. No caso concreto da área recreativa da Presa (Gafoi) aproveitaron para reparar os danos causados o mes pasado tras uns actos vandálicos. Así mesmo, aproveitouse para reparar as dúas comportas da área recreativa.

Frades remata a roza de 600 km. de pistas

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial