Frades aprobará hoxe a remodelación das beirarrúas entre o colexio e Ponte Carreira

0

Frades, 8 de xuño do 2018 –  O Concello de Frades celebra hoxe, ás 14:00 horas, a sesión plenaria ordinaria do mes de xuño na que se aprobará a primeira fase do proxecto de remodelación das beirarrúas entre o núcleo de Ponte Carreira e o colexio.

estrada onde se renovaran as beirarrúasO proxecto para as novas beirarrúas está orzamentado en máis de 198.000 euros. Unhas obras que o Concello de Frades levaba anos demandando e que finalmente foron aprobados en febreiro deste ano polo pleno provincial da deputación.

O proxecto inclúe a reconstrución de 1.360 metros de beirarrúas entre o núcleo de Ponte Carreira e a zona na que se emprazan o colexio, o polideportivo municipal e a igrexa parroquial da localidade, á beira da estrada CP-3082 Ordes-Ponte Carreira. O proxecto tamén contempla a mellora da contorna, coa colocación de 19 alcorques para acoller árbores, a canalización do alumeado público e a instalación dunha varanda metálica de 346 metros, para mellorar a seguridade dos peóns, en especial dos moitos nenos e nenas que empregan a diario estas beirarrúas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies