Frades celebra a Romaría da Nosa Señora das Virtudes en Vitre

0

Frades, 7 de setembro do 2019 – Todo listo na parroquia de Vitre (Frades) para acoller a milleiros de romeiros chegados de toda a xeografía galega para participar na Romaría de Campo na honra á Nosa Señora das Virtudes.

A Romaría das Virtudes é unha festa de forte arraigo na zona e á que acoden numerosas familias, peñas e grupos de amigos para xantar nos terreos da contorna da capela, un xantar que traen da casa ou mesmo preparan no campo. A comisión de festas xa ten reservadas de hai tempo todas as mesas e barbacoas, pero aínda quedan parcelas dispoñibles. Para os que non traian o xantar da casa, haberá pulpería no campo da festa.

Romaría das Virtudes en Vitre FradesA parte relixiosa da festa comezou onte venres as dez da noite coa tradicional Procesión do Rosario, con saída da igrexa de San Juan de Vitre e ata a Capela das Virtudes, onde tivo lugar unha misa. Hoxe sábado haberá misas ás 11:00 e ás 12:00 horas, estando programada a misa solemne para as 13:00 horas. Ao seu remate, terá lugar a procesión coa imaxe da santa desde a capela ata o cruceiro, atravesando todo o campo da festa. Un momento no que os romeiros turnaránse tanto para levar a santa ás costas como para pasar por debaixo da figura.

 A música correrá a cargo da Charanga Os Celtas, que actuará durante a mañá e a tarde. A sesión vermú virá da man da Orquestra Foliada, que compartirá a verbena nocturna co Dúo Calú. Esta sesión nocturna atrae a centos de persoas de toda a contorna, que se suman aos milleiros que xa pasan alí toda a xornada, prolongando desta maneira a romaría ata a madrugada.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial