A Festa de San Miguel reúne a centos de de Frades na carballeira de San Nicolau

0

Frades, 1 de outubro do 2017 – Varios centos de veciños e veciñas de Frades e de municipios veciños celebraron o venres a tradicional Festa de San Miguel, que ten lugar na contorna da carballeira de San Nicolau.

Festivo local, o protagonismo da celebración recae nas familias e nos grupos de amigos do municipio, que se achegan a comer ata a carballeira traendo da casa non só a comida, senón tamén as mesas, as cadeiras, as tendas de campaña, etc.

A pesar das chuvias da noite, o terreo aguantou ben e a carballeira de San Nicolau encheuse de tendas de campaña, carpas de empresa e algunha que outra improvisada con plásticos sobre os bancos de pedra do lugar. Un ano máis, o churrasco, a empanada e a tortilla foron as raíñas da xornada. E ás sobremesas caseiras tamén se poderían engadir as rosquillas, churros e demais larpeiradas nos distintos postos da feira.

Como todos os anos, o punto álxido da xornada tivo lugar pasadas as 14:30 horas, coincidindo coa saída en procesión do San Miguel polo entorno da capela e o inicio dos distintos xantares. A orquestra Alborada encargouse da sesión vermú e da verbena nocturna canda El Combo Dominicano.

 O alcalde de Frades, Roberto Rey, exerceu de anfitrión dunha festa ata a que se achegaron o presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo; alcaldes da comarca como Antonio Pereiro (Tordoia), así como concelleiros da comarca que participaron nun xantar organizado polas Novas Xeracións do PP e que congregou a máis de 300 persoas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies