займ срочно

Frades pedirá á Deputación unha senda entre Ponte Carreira e Aiazo

0

Frades, 19 de maio do 2020 – O Concello de Frades acordou por unanimidade do pleno municipal, realizado de xeito telemático,  pedir de novo á Deputación unha senda peonil Ponte Carreira e Aiazo.

O pleno solicitará que a Deputación inclúa o proxecto “Mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP-3802 Ordes-Ponte Carreira, Pk 14.45 a Pk 16.825, na marxe esquerda” no programa de sendas peonís das estradas de titularidade provincial.

Unha senda xa pedida

O Concello de Frades xa pediu formalmente no ano 2009 a inclusión de catro proxectos de sendas no Plan de Seguridade Viaria da Deputación da Coruña nos núcleos de Cimadevila (Frades), Vistalegre (Galegos), A Torre (Aiazo) e Moar (Moar), por esta orde de preferencia. “A día de hoxe están feitos os dous primeiros proxectos, que supoñen 1,5 quilómetros de senda peonís polo que cremos que somos un dos concellos da provincia con menos quilómetros nos que os nosos veciños e veciñas poidan camiñar polas vías provinciais sen perigo de atropelos, ao non dispoñeren de apenas beiravías para a seguridade dos peóns”, explica Rey Martínez.

POS+Adicional e doazón

O Pleno municipal acordou tamén por unanimidade o destino dos 153.403,29 euros do POS+Adicional achegado pola Deputación da Coruña. Así, 32.295,43 euros serán destinados a gastos sociais extraordinarios derivados da COVID-19 como: adquisición de medios de prevención, atención de persoas vulnerables e ampliación das partidas destinadas a garantir ingresos suficientes ás familias. Os outros 121.107,86 euros serán destinados ao financiamento de gasto corrente tales como mantemento e mellora de accesos a núcleos de poboación, limpeza viaria, mellora da estación depuradora de augas ou mellora do alumeado público.

Así mesmo, todos e todas os/as concelleiros/as de Frades acordaron doar a parte individual da asignación a grupos políticos correspondente ao primeiro semestre de 2020. Unha doazón que suma un total de 6.600 euros e que será destinada á atención das necesidades dos veciños e veciñas de Frades durante e despois da crise sanitaria causada pola COVID-19. As liñas de axuda serán xestionadas polo Concello de Frades a través dos Servizos Sociais e irán destinadas a alimentación, produtos de hixiene persoal e do fogar, medicamentos, axudas ao aluguer, axudas para subministracións básicas, axudas para  material escolar, axudas de emerxencia social así como axudas a autónomos e empresarios que estean a pasar por dificultades económicas ocasionadas pola crise sanitaria.

Finalmente, o pleno municipal aprobou definitivamente dúas alteracións da cualificación xurídica de dous camiños e o Plan Municipal de Defensa contra Incendios Forestais do Concello de Frades. Un documento froito da adhesión do Concello de Frades ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos SA (SEAGA). O plan integra as actuacións de prevención e defensa contra os incendios forestais no municipio, conforme ao previsto na lexislación galega de emerxencias.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies