Frades e Turismo de Galicia recuperarán o patrimonio etnográfico do concello

0

Frades, 17 de outubro do 2019 – O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e o presidente da Axencia Turismo de Galicia, Román Rodríguez González, veñen de asinar un convenio de colaboración para a recuperación dopatrimonio etnográfico e sinalización turística do municipio.

O proxecto que suporá un investimento de 48.385,76 euros, dos que a Xunta de Galicia achegará 31.457,24 €. Según explica o alcalde, Roberto Rey, “Frades xa conta cunha plataforma dixital para poñer en valor os seus recursos turísticos pero agora é preciso ampliar os puntos de información á estrada AC-524, debido ao elevado tránsito que soporta esta estrada, e tamén mellorar a sinalización e poñer en valor o noso patrimonio etnográfico como son a fonte da contorna do lavadoiro de Mesos, o muíño da área recreativa de Ponte Carballa e o sendeiro e peche da parcela da área recreativa do muíño de Céltigos”.

Sinalización de elementos

Frades patrimonioTamén a través deste convenio, o Concello de Frades ampliará a sinalización turística intelixente existente no municipio, coa instalación dunha sinal con beacon no lugar do Vedral, na parroquia de Abellá. Trátase dun punto de información turística como o xa instalado na praza de Ponte Carreira e que agora chegará ao segundo núcleo de poboación máis importante do municipio. Finalmente, procederase á instalación de cinco tótems de benvida en diferentes estradas do municipio. Unhas actuacións que estarán executadas antes de que finalice o ano.

Destino intelixente

Frades patrimonioEsta achega de Turismo de Galicia complementa á concedida en 2017 por esta mesma axencia, que supuxo un investimento de 49.994,10 euros na promoción de Frades como destino turístico intelixente. A través dese convenio, o Concello de Frades dotouse de equipamentos de sinalización turística intelixente como: equipos de sinalización (sinais para orientación de vehículos e paneis de información turística) e sistemas de xestión e información ao turista (coa instalación dun sinal intelixente con sensores na Praza de Ponte Carreira e a instalación dun sistema de información turística).

Para achegar toda a información turística aos visitantes, o Concello de Frades implantou un servizo na nube (cloud computing) que funciona con calquera navegador web e que permite o seu uso con calquera dispositivo (ordenador, portátil, tablet e teléfono móbil). Así mesmo, o Concello de Frades instalou paneis de identificación de espazos naturais, con datos e características dos lugares, nas praias fluviais de A Presa (Ponte Carreira) e Os Pasos (Aiazo), así como nas áreas recreativas da Ponte Carballa (Abellá), O Muiño (Céltigos) e na piscina municipal de Papucín. Toda a información turística está accesible a través de códigos QR e chips NFC. Así mesmo, instaláronse 17 sinais de percorrido, en forma de frecha de aluminio, para orientación de vehículos e mellorouse a accesibilidade á praia fluvial de A Presa e na piscina municipal de Papucín mediante a construción de pasarelas de madeira.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial