займ срочно

A visita de Papá Noel abre a programación do Nadal de Frades

0

Frades, 18 de decembro do 2020 –  Os nenos de Preescolar na Casa e das casas niño “Xoaniña” e “Axóuxere” de Frades recibiron a visita de Papá Noel.

Pap Noel recolleu as súas cartas e escoitou as súas peticións de agasallos para os próximos días. Unhas misivas que intercambiou por lambonadas.Con esta visita comeza a programación de Nadal do concello de Frades.

O programa de Nadal de Frades rematará o 5 de xaneiro cunha visita dos Reis Magos á rapazada do municipio. Unha programación especial este ano por mor da Covid-19, que obrigará a reservar entrada en todos os espectáculos chamando ao 981 695 567 ou 981 695 663 para evitar aglomeracións. Ademais, será obrigatorio o uso de máscara en todas as actividades e o uso de xel desinfectante á entrada das mesmas.

Actividade no Nadal

O vindeiro luns 21 será a quenda do Carteiro Real, que ás 11:00 horas visitará o CPI de Ponte Carreira para repartir lambetadas e recoller as cartas para os Reis Magos. O martes 22, ás 17:00 horas, o multiusos de Frades acollerá a actuación do ilusionista Dani Polo, cun espectáculo para toda a familia que mestura a maxia participativa, o humor e as ilusións. A entrada é de balde, se ben é obrigatorio anotarse no concello antes do 18 de decembro.

Por outra banda o Concello de Frades convoca unha nova edición dos seus Campamentos Municipais de Nadal, dirixidos a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. Terá lugar no pavillón municipal de Ponte Carreira, en horario de 9:30 a 13:30 horas, durante 8 días (23, 24, 28, 30 e 31 de decembro e 4 e 5 de xaneiro). O prezo será de 15 euros para persoas empadroadas, 10 euros no caso dun segundo irmán ou irmá e un desconto do 50% no caso das familias numerosas. As persoas non empadroadas aboarán 25 euros.

Unha das novidades deste ano será a primeira edición do Mercado de Artesanía en Frades, que terá lugar o sábado 26 de decembro. Entre as 10:00 e as 20:00 horas, a praza de Ponte Carreira acollerá postos de artesanía local e da comarca onde mercar os agasallos máis orixinais e feitos a man. E o martes 29 de decembro, ás 17:00 horas, o multiusos de Frades acollerá “A familia Papaventos”, un espectáculo musical para toda a familia protagonizada por Charo Pita. Inscricións no Concello antes do 24 de decembro.

A programación culminarase o martes 5 de xaneiro cunha especial visita dos Reis Magos que substituirá á tradicional cabalgata e festival de Reis. Para evitar aglomeracións, as súas Maxestades, acompañadas dunhas mascotas, farán 3 visitas en 3 horarios diferentes: de 12:00 a 13:00 horas no exterior pavillón municipal de Abellá, de 15:45 a 16:45 horas no exterior multiúsos de Frades e a partir das 17:00 horas na Praza de Ponte Carreira (en caso de choiva, as dúas primeiras trasladaríanse ao interior das instalacións e a terceira ao pavillón municipal de Ponte Carreira).

Os veciños e veciñas que desexen participarán deberán anotarse no Concello de Frades, antes do 31 de decembro, indicando o lugar e o horario que máis lle convén, para así poder respectar as limitacións de aforo e extremar as medidas de protección fronte á Covid-19. O Concello de Frades conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña para a elaboración desta programación cultural.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies