O francés Amine Asselman instala Global Complexity na Zona C

0

Compostela, 12 de xaneiro do 2018 – Quedou instalado na Zona C o proxecto Global Complexity, do frances Amine Asselman, na Zona C de Compostela, situada en Bonaval.

No acto inaugural estiveron presentes Jorge Duarte, tenente de alcalde do Concello de Santiago, e o artista Amine Asselman quen falou da narrativa da peza que presenta.

Global complexity é unha evolución de Connected obra que Asselman produciu para o MULAFEST2016 (Festival de Tendencias Urbanas de Madrid). A peza indagaba na contradición da conectividade e a globalización fronte ás barreiras e as fronteiras. O mundo capitalista no que vivimos propuxo ‘a globalización’ como solución aos conflitos, ás barreiras e ás fronteiras, pero, finalmente, só conseguiu levantar muros e valos. Unha condición que o artista vive de pxeito persoal ao medrar entre Europa e África, entre un país en vías de desenvolvemento e países desenvolvidos, entre un pais cristián e outro musulmán.

Amine continúa en esta investigación no proxecto que abre na Zona C. Global complexity mergulla ao público nun espazo onde percibir este contraste. Nunha primeira mirada apreciamos postes eléctricos e bobinas de latón conectadas por cables que conteñen pugas que simulan o arame de espiño convertendo a conexión entre as bobinas en algo inquietante. Postes que están presentes na nosa paisaxe e que adquiren unha significado diferente.

Vamos vendo como as pugas do arame de espiño convértense en mosaicos inspirados na arte islámica facendo referencia a unha realidade complexa e a un inimigo global ominipresente. Esas referencias islámicas actúan aqui como elementos de unión, mentres que as pugas son os elementos de separación. Amine concibe a peza como interactiva xa que os visitantes poden interactuar transmitindo sons e mensaxes que percorrerán a instalación enteira. A importancia de entendernos, da mensaxe, da comunicación

Amine Asselman (Toulouse, Francia, 1989) é licenciado en deseño polo Instituto Nacional de Belas Artes de Tetuán, Marrocos; Máster en arte contemporánea pola facultade de Belas Artes de Pontevedra e actualmente cursa o doutoramento de Arte Contemporánea na mesma facultade.

A entrada á Zona “C” é de balde no seguinte horario: de martes a sábado de 16.00 a 20.00 h, domingos de 14.00 a 19.00 h; luns pechado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies