займ срочно

A fraseoloxía, a análise nunhas xornadas en Santiago

0

Compostela, 10 de maio do 2018 –  Locucións, frases feitas, refráns… a fraseoloxía será a protagonista dunha xornada este sábado no Museo Pedagóxico de Galicia, o MUPEGA.

Portadoras dunha gran carga expresiva e moi comúns na interacción cotiá, as unidades fraseolóxicas e paremiolóxicas permiten reparar na dimensión figurativa da linguaxe usual e no seu papel para a conservación do patrimonio léxico. A fraseoloxía é fundamentais para lograr o dominio instrumental dunha lingua e unha valiosa ferramenta na aula para dar a coñecer ao alumnado as particularidades socioculturais de cada comunidade lingüística.

Esta semana estanse a celebrar en Santiago as xornadas de Fraseoloxía Multilingüe na Aula, cuxa primeira cita tivo lugar na Facultade de Filoloxía e a última será, este sábado día 12,  no Mupega.  Dirixidas por Carmen Mellado Blanco e Mª Isabel González Rey, as xornadas buscan ser un espazo de encontro e reflexión conxunta sobre a fraseoloxía entre o profesorado de linguas en educación secundaria e universitaria, tanto de lingua materna coma estranxeira. Participan nelas profesionais especializados no ensino de galego, castelán e doutras linguas europeas, que combinan  sesións de carácter expositivo e práctico, desde a presentación de materiais que facilitan a aprendizaxe autónoma até obradoiros para a súa elaboración.

Os relatorios do sábado xirarán en torno ás novas tecnoloxías para o ensino/aprendizaxe das unidades fraseolóxicas en inglés, a fraseoloxía na publicidade –con especial atención ao francés e portugués– ou a mitoloxía no indoeuropeo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies