Piden que a Xunta loite contra o fraude na venda de pemento de Herbón

0

Padrón, 28 de marzo do 2018 –  A Parlamentaria do BNG Ana Pontón visitou a cooperativa A Pementeira, maioritaria na Denominación de Orixe pemento de Herbón, e comprometeuse a pedir a Xunta de Galicia medidas para loitar contra o fraude na comercialización do produto.

Pontón felicitou a esta cooperativa de mulleres, cunha vintena de socias, e anunciou que o BNG vai presentar no Parlamento unha batería de iniciativas para apoiar a produción de pemento de Herbón apostando pola diversificación e pola creación de valor engadido a través da I+D+i, para o que se precisa unha maior implicación da Xunta. Según dixo a deputada “Requírese máis investigación pública sobre outros posibles usos e para a transformación do pemento que permita continuar coa diversificación da actividade e crear produtos de valor engadido que derive en máis riqueza e emprego e de calidade, nesa liña imos levar iniciativas ao Parlamento porque este é un sector con moito potencial que precisa máis apoio público para loitar contra as importacións que fan competencia desleal e para diversificar a produción do pemento”.

No encontro coas cooperativistas, a deputada nacionalista tamén fixo fincapé en que o BNG vai aproveitar a revisión da PAC para, desde o Parlamento europeo, conseguir que se teña en conta as características deste tipo de producións de calidade como as da Pementeira para que podan acceder  ás axudas comunitarias, das que hoxe están excluídas este tipo de proxectos. “Hai unha inadaptación da lexislación da Unión Europea que deixa fora das axudas comunitarias a moitas explotacións agrarias galegas como é o caso deste proxecto cooperativista,  na revisión da PAC temos que conseguir que quede recollida a realidade do sector agrario galego para que poda ter acceso ás axudas un sector estratéxico para Galiza como é o sector da alimentación de calidade”.

Na visita á cooperativa A Pementeira tamén asistiu o portavoz de Agricultura, Xosé Luís Rivas, Goretti Sanmartín da Executiva nacional do BNG, o portavoz municipal en Padrón, Xoán Santaló, e outros responsables locais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial