Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da Praza

0

A Praza de Abastos de Compostela é unha pequena Galicia na que atopar moito do que nos define como pobo. As tabernas son o epicentro de moitas aldeas, a camiño entre un local social e a sala de festas. Frebas, Amoado e A Ostrería son as tabernas da Praza,

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da PrazaEstes locais tan particulares naceron xa con ese sentimento de aldea. O  traballo como xerentes de Maica Couto e Ramón Barreiro o reivindica e actualiza. Que non se engane o lector, nas tabernas, ademais do mellor produto, está en moitas ocasións a mellor cociña.

Lindeiros fala con Maica e Ramón que son os primeiros en poñer sobre a mesa as súas orixes de aldea. Veñen de San Tomé de  Obra en Vila de Cruces e San Miguel de Vilar en Touro, dúas aldeas que se miran desde as veiras do río Ulla. Os seus percorridos vitais ata chegar aqui son distintos pero complementarios

Pero o percorrido de puntillas que fai Maica deixa de lado o seu paso polos locais con 3 estrelas Michelín, locais cun nivel de esixencia aos que non chega calquera

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da PrazaRamón Pola súa parte é un namorado de Galicia e loitou moito tempo contra un dos nosos maiores defectos: o individualismo. Creou tantas asociacións e cooperativas que se acabou decatando de que o seu era emprender e foi entón cando apareceu a Praza de Abastos

A licitación das casetas da Nave 5 como locais de hostalería foi a oportunidade que Ramón precisaba para emprender esta aventura. Antes incluso de saber que faría en eles porque para iso xa estaba Maica… aínda que ela non o soubera

O feito de ter tres locais diferenciados nace coa intención de manter o concepto de Praza, un mercado que ao mesmo tempo é un escaparate do produto que vende. A oferta de Frebas, Amoado e A Ostrería ten moito que ver tamén coa idea máis lúdica da da taberna

O traballo no día a día está influído pola personalidade de Maica e Ramón. En cada cousa que fan poñen unha reivindicación e no caso de este proxecto tratase de dignificar a profesión de hostaleiro, as veces tan denostada

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da PrazaO espazo no que traballan condiciona a ese persoal, non tanto dentro como na sala común na que se serven os pratos. Teñen que ter algo de taberneiros que están a cabalo entre a cociña e as mesas

Teñen a gala ofrecer tan só viños galegos. Buscan pequenas producións que sorprendan ao cliente e pensan que hai moito que facer dentro da viticultura galega, o primeiro que sexa rendible

Traballan coa vista posta no cliente local e iso resultou a mellor estratexia para conquistar ao turista. Os que chegan de fora desconfían polos prezos pero traballar con produtos que se venden a poucos metros fai que todo sexa máis honrado e pouco a pouco o visitante acaba por claudicar

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da PrazaVisitar Frebas, Amoedo e A Ostrería é unha experiencia moi especial. Xa sexa polo trato que un recibe, polo lugar no que está ou polos pratos que ofrecen, volver convertese nunha obriga. En Lindeiros queremos falar de como nacen e que alma teñen os locais; por poder poderíamos escribir incluso máis dos pratos que probamos.

Desde unha empanada “desestructurada” feita a base de filloa frita e peixe do día ata un codillo servido con guacamole, col e pico de gallo acompañado de tortillas caseiras de millo para elaborar unha sorte de tacos mexicanos moi galegos; desde uns calamares sobre unha cama de maionesa cítrica ata unhas alcachofas en sala de ovo; torreznos, mexilóns, ostras… as tabernas da Praza de Abastos están á altura, en algún caso por riba, dos mellores locais de hostalería da cidade.

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da Praza

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da Praza

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da Praza

Frebas, Amoado e A Ostrería, as tabernas da Praza

 

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial