Oroso, 29 de outubro do 2017 – Sigüeiro acolleu a presentación de Fresas para Kaliope, 25 contos curtos en torno a unha musa, de Jorge del Oro.

O acto estivo conducido polo concelleiro de Cultura de Oroso Luís Rey que destacou o traballo de Jorge del Oro como escritor e ilustrador. Rey Villaverde dixo dos contos de Kaliope que  “é un traballo inmenso, tanto de escritura como de ilustracións”.

A necesidade de escribir

Jorge del Oro explicou que estes contos comezan como unha práctica de escritura nun momento no que o seu primeiro libro, Nana para dormir a un lobo, estaba unha etapa moi laboriosa na que non existían diálogos

 

Os contos de Kaliope, esas fresas das que fala Jorge, é unha obra moi persoal da que cada lector tirará experiencias propias. A medida que un repasa os contos de Kaliope a musa convertese nun ser con vida propia. O lector comeza a ter unha opinión propia sobre ela e, si se atreve a imaxinar sen ataduras, comezará a tecer historias propias. As ilustracións de Jorge del Oro non fan máis que alimentar esa posibilidade de fantasía, deixando ver o suficiente para coñecer a Kaliope pero non tanto como para que a imaxe non poida ser parte nosa tamén.

Como sucede sempre cunha personaxe que cobra vida propia xa hai máis contos que teran que esperar a que estes cheguen a todas partes antes de iniciar o seu propio camiño.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies