займ срочно

Presentación de Fresas para Kaliope en Oroso

0

Oroso, 19 de outubro do 2017 – Oroso acolle este venres, as oito e media da tarde a presentación de Fresas para Kaliope, o novo libro de Jorge del Oro.

Fresas para Kalíope é unha recompilación de vinte e cinco contos curtos, ilustrados a cor, que versan sobre o labor de construír historias. O seu fío condutor é o Tempo, na faceta do primixenio Khronos.

Relato a relato, constrúese o imaxinario do escritor enfrontado á súa tarefa. Inseguridades, medos, recordos… todo se mestura e se tritura para ser transformado en material de construción.

Kalíope personifica o anhelo de contar historias e facelas perdurar. O seu arquetipo mitolóxico axuda a dar forma aos pensamentos e ao mesmo tempo vese transformada por eles. Acepta ofrendas, reclama atencións e fai fecundos os campos nos que se sementan palabras. Os seus contos son o relato íntimo dos procesos de creación na fronteira do pensamento e a palabra.

Unha vez feito o xuramento, só o Tempo poderá dicir cando termina a tarefa.

Jorge del Oro

Nacido en maio de 1975 é licenciado en Bioloxía molecular e outros estudos afíns. No ámbito artístico dedícase principalmente á literatura e a ilustración, debuxos a tinta na súa maioría. Así mesmo, realizou traballos de construción de atrezo e reparación de instrumentos musicais. Con respecto á escritura, o seu xénero favorito é a Ciencia Ficción, aínda que realiza incursións noutros territorios literarios. Ademais de pequenas colaboracións en antoloxías de relato curto e prensa, publicou a primeira entrega da súa novela Nana para Dormir a un lobo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies