Fuco reyes expón en Fonseca “Tan lonxe, tan preto”

0

Compostela, 19 de xuño do 2018 –  O fotógrafo Fuco Reyes, responsable da Aula de Fotografía da USC, inaugurou na Capela do Colexio de Fonseca a exposición ‘Tan lonxe, tan preto’, realizada en colaboración con Down Compostela e Maina&Co.

As imaxes de Fuco Reyes foron tomadas en varias sesións de beleza en Maina&Co cos rapaces e rapazas de Down Compostela. Partindo do respecto á diferenza e da necesidade de integración no mundo laboral, tratábase de que aprenderan a prepararse para unha entrevista de traballo.

As fotografías plasman as caras e actitudes de interese, de felicidade e de curiosidade por unha actividade que os seus organizadores afirman que repetirán posiblemente en formato de cursos de formación para grupos reducidos.

A exposición poderá visitarse ata o 30 de xuño, de luns a sábado de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial