A Fundación Andrea organiza un concerto solidario co Phoenix Boys Choir

0

Compostela, 31 de maio do 2018 – A Fundación Andrea organiza o próximo domingo, na igrexa de San Martín Pinario un concerto solidario coa participación do Phoenix Boys Choir.

Será a única actuación do Phoenix Boys Choir en Galicia. A formación, chegada desde Arizona, ofrecerá un repertorio de música Sacra interpretada polos 32 nenos que compoñen a agrupación. O coro está dirixido polo prestixioso  Georg  Stangelberger e estarán acompañados ao piano pola recoñecida instrumentista Xuelai  Wu. O concerto terá lugar as oito e media da tarde e o prezo da entrada é de 10 euros.

Este concerto ofrécese integramente a beneficio da Fundación Andrea e forma parte da xira que este reputado coro estadounidense, con múltiples premios e recoñecementos no seu haber, realizará por España e Portugal entre o 1 e o 17 de xuño de 2018.

A Fundación Andrea agradece a  Perform  in  Spain, así como ao Reitor do Seminario Maior, D. Carlos Álvarez, a súa xenerosa colaboración e a súa magnífica disposición para facer posible a celebración deste concerto a favor da organización en Santiago.

As entradas poderanse adquirir o mesmo día da representación a partir das 19:30  hs., na porta da Igrexa de San Martín Pinario ou reservándoas con antelación na propia Fundación Andrea no teléfono: 648-944 422.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial