A Fundación Granell e o Museo do Pobo Galego presentan “O corazón do Barro”

0

Compostela, 9 de febreiro do 2017 – Hoxe xoves  ás 20:00h, a Fundación Eugenio Granell inaugura unha exposición dos fondos de cerámica do Museo do Pobo Galego, para sumarse á conmemoración do 40 aniversario da súa creación.

No verán de 1976 celebrábase no Círculo Mercantil e Industrial de Santiago de Compostela, no Pazo de Bendaña da praza do Toural, hoxe sede da Fundación Eugenio Granell a exposición do I Concurso Rexional de Oleiros. Unha cita patrocinada por Luciano García Alén e María García Ayaso, que sería o embrión da primeira sala do recén creado Museo do Pobo Galego, que abriu as súas portas o 29 de outubro do ano seguinte.

A mostra reúne pezas seleccionadas nos fondos do Museo do Pobo Galego, que dan conta da presenza e desenvolvemento da cerámica en Galicia ao longo da historia, desde reproducións das primeiras pezas achadas en mámoas e castros, pasando polas ánforas romanas, ata a produción dos obradoiros máis representativos da tradición oleira e algunhas pezas singulares de Sargadelos, que exemplifican o que é, ata agora, o elo máis sobranceiro da industria contemporánea da cerámica.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial