A Fundación Santiago Centro advirte que no Ensanche chegáronse a alugar vivendas turísticas en obras e piden máis control

0

Compostela, 9 de marzo do 2018 – Despois da Asociación de Hostalería, que pediu máis control sobre as vivendas turísticas ilegais, agora súmase a esa demanda a Fundación Santiago Centro que aglutina a comerciantes do Ensanche de Compostela.

Vivendas turísticas en obras

Santiago Centro coincide coa Asociación de Hostalería na mala imaxe que as vivendas turísticas ilegais dan a cidade pero ademais aporta datos recollidos entre os asociados. Pola información recollida entre veciños e comerciantes da zona moderna, no Ensanche de Compostela hai unha cantidade crecente de pisos que se dedican a aloxamentos turísticos ilegais e que, en moitos casos, nin sequera manteñen uns mínimos de habitabilidade. O presidente da Fundación, José Mª Fernández, explica que se trata dun fenómeno que “se vén detectando desde hai un par de anos, en moitos casos ocupando o lugar de vivendas que estaban baleiras e nas anteriormente vivían estudantes. Agora dedícanse ao alugueiro turístico ilegal e, no peor dos casos, a negocios de prostitución, tamén ilegais. Non é só que a actividade eluda todos os controis e que supoña unha competencia desleal cos

alugueiros legais e os establecementos hostaleiros que compren coas súas obrigas; é que dana gravemente a imaxe de Santiago entre os turistas que nos visitan”.

Santiago Centro pide especificamente que se controlen estes alugueiros e que se garanta a calidade esixible para non danar a imaxe de Santiago. Por isto, a Fundación Santiago Centro sumase aos acordos adoptados por Hostalería e ponse á disposición das Administracións públicas e do resto de asociacións involucradas para combater esta situación crecente e preocupante.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial