A Fundación Tierra de hombres celebra a súa III Cea Solidaria en Santiago de Compostela

0

Compostela, 7 de novembro do 2018 – A Fundación Tierra de hombres en Santiago de Compostela, celebra este próximo día 9 de Novembro (venres) a súa III Cea Solidaria, evento que se vai a desenvolver ás 21,30 horas, grazas á colaboración da dirección do Hotel Porta do Camiño, da cadea Oca.

Colaboran con Tierra de Hombres o  monologista Manolo  do  Atletico,  Eneb eventos, Nino,  Floreria Adrián, e  DJ Couto, e haberá un sorteo de agasallos cedidos polo Corte Inglés, Casa  do  Zuleiro,  Acivro  Xoias,  Galeria Vos  Catro Gatos e  Silvalde  Decoracion.

Será unha velada para compartir cos voluntarios, familias de acollida, colaboradores e aquelas persoas que queiran asistir e que poden reservar mesa no  tlf. 600322944 ou a través do correo electrónico deleg.galicia@tierradehombres.org, o prezo do prato son 30 euros e un menú infantil de 15 euros, o ingreso pódeno facer na conta da Fundación Tierra de hombres ES22 2080 0042 5630 4001 3728.

Os fondos que se recaden nesta Cea Solidaria van destinados ao proxecto Viaxe Cara á Vida, un proxecto que fai posible que  nenos e nenas procedentes de países de África onde carecen da tecnoloxía  medica e os medios económicos para ser operados, sexan tratados no Grupo Hospitalario  HM A Rosaleda de Santiago de Compostela, e o Hospital Clínico de Santiago, grazas a cuxa colaboración altruísta, xunto cos equipos médicos, pódese levar a cabo o proxecto.

Sobre Tierra de hombres– España

A Fundación Tierra de hombres- España creouse en 1994, cuxa Delegación en Galicia comezou as súas actividades no ano 2003, dentro do Movemento Internacional  Terre deas  hommes, orixinado en  Lausanne (Suíza) en 1960 e forma parte da Federación Internacional Terra de homes, segunda agrupación mundial de  ONGD de atención á infancia.

Seguindo os principios da Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas de 1989 e a Carta Fundacional,  Tdh – España ten como obxectivo, promover o desenvolvemento da infancia máis desfavorecida defendendo os seus dereitos, sen discriminación de orde política, racial, confesional e de sexo.

Con máis de vinte galardoes polo seu labor humanitario e o seu defensa dos dereitos da infancia e recoñecida pola revista Global  Journal como unha das 100 mellores ONG a nivel mundial, Tierra de hombres- España actúa en tres niveles: saúde materno-infantil, protección da infancia e promoción dos dereitos de infancia a través de proxectos de cooperación ao desenvolvemento executados en países de Asia, África e América Latina.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial