Gabriela González fala hoxe sobre ondas gravitacionais

0

Compostela, 8 de marzo do 2019 – Gabriela González impartirá este venres 8 a conferencia ‘Einstein, buratos negros e ondas gravitacionais’, nunha sesión a partir das 20.00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación organizada polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). A conferencia retransmitirase en streaming na dirección http://tv.usc.es/directo4.html.

A intervención de Gabriela González contará as particularidades e últimos achados arredor das ondas gravitacionais así como o futuro deste novo campo da astronomía. Einstein xa predixera hai máis de cen anos a existencia destas ondas que viaxarían á velocidade da luz e que o espazo-tempo era dinámico. A conferencia rememorará como os dous observatorios LIGO en Estados Unidos detectaron en 2015 por vez primeira un sinal que atravesaba a Terra, causado polo “abrazo final de dous buratos negros que bailaran un tango hai máis de 1.300 millóns de anos”. Dende entón detectáronse varios sinais máis, incluíndo a colisión de dúas estrelas de neutróns, o que axuda a “entender a orixe dos metais pesados”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial