Gabriele Veneziano, pioneiro da Teoría de Cordas, estará o luns na USC

0

Compostela, 10 de novembro do 2018 – O físico italiano Gabriele Veneziano, autor do primeiro artigo científico da historia sobre a Teoría de Cordas, abrirá o luns 12 o programa de actividades da Semana da Ciencia que organiza o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

No auditorio Abanca (r/ Preguntoiro, 23) a partir das 20.00 horas, Grabiele Veneziano rememorará os 50 anos da publicación do traballo polo que está considerado un dos pais desta teoría da Física coa conferencia ‘Teoría de cordas: vida, morte e milagres’. Na súa intervención, aberta ao público en xeral e con tradución en tempo real, contará a historia e explicará os conceptos básicos deste modelo fundamental na física moderna.  

Esta será a primeira das diversas actividades que os IGFAE ten previsto desenvolver entre os días 12 e 16. As seguintes citas serán unha edición monográfica de Nerd Nite co lema ‘Especial Teoría de Cordas’, a celebrar o martes 13 a partir das 21.00 horas na Nave de Vidán e a charla de Hans Bantilan sobre ‘Buratos negros’ para estudantes de física, o mércores 14 na Aula Magna da Facultade de Física a partir das 20.00 horas.

Xa o xoves 15 será a quenda do I Concurso de Comunicación Científica do IGFAE, nunha sesión a partir das 18.00 horas na que se resolverá a competición  de monólogos científicos e se entregarán os premios das categorías de artigos e experimentos, demostracións ou aplicacións móbiles. De xeito paralelo, entre os mércores 14 e o venres 16 desenvolverase un ‘Curso de Comunicación Científica’ a cargo de Eduardo Sáenz de Cabezón e Héctor Urién para o que é preciso realizar inscrición previa e que está dotado cunha carga lectiva de 13 horas.

Ademais destas actividades, persoal investigador do Instituto impartirá esta semana e en datas próximas conferencias en distintos centros de ensino secundario de toda Galicia para dar a coñecer a actividade que se desenvolve no IGFAE.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial